As modalidades dispoñibles inclúen: patinaxe e atletismo, dirixidas aos máis novos e as Actividades Deportivas para adultos, como ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates.
Destaca a actividade de pilates, que foi unha novidade da tempada pasada e que, debido á alta demanda da veciñanza, ampliará o seu horario nesta, ofrecendo unha hora adicional.
Con estas iniciativas, o Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e o benestar físico, fomentando un estilo de vida saudable e activo entre as veciñas e veciños de todas as idades.