Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares pon en valor en Cervo a funcionalidade dos GALP como elementos para favorecer tamén a cooperación do sector pesqueiro e o ámbito social

Cervo, 21 de setembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este sábado a Residencia de Saúde Mental de A Mariña, situada en Cervo, onde comprobou a colaboración levada a cabo dende o departamento que dirixe coa Asociación Saúde Mental de A Mariña, e que permite, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Mariña-Ortegal, a cooperación do sector pesqueiro co ámbito social.

Deste xeito, baixo a denominación Conecta co mar. O mar é vida, estanse a realizar distintas actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro e de sensibilización e coidado do medio mariño, co fin de favorecer o benestar psicolóxico e social das persoas con doenzas mentais. En definitiva, distintas iniciativas que permiten aos destinatarios achegarse de forma activa e consciente ao mundo do mar. A programación é a seguinte:

UN MAR DE DIVERSIÓN, INTEGRACIÓN E CULTURA: onde se encadran actividades orientadas a desfrutar dun tempo de ocio activo e saudable que axude a eliminar pensamentos autolíticos e a sentirse produtivos.

UN MAR DE SAÚDE: accións relacionadas co coidado do mar, a sensibilización medioambiental e o coidado da propia saúde.

UN MAR DE COÑECEMENTO: proxecto destinado a obter información das Confrarías de Ribadeo, Burela e Celeiro e das redeiras de Burela, así como de aspectos de interese ao longo da historia relacionados co mundo do mar.

Exit mobile version