Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA sorteou este luns 500 euros en vales de compra na súa campaña da Volta ao Cole

Foz, 16 de setembro de 2024. AciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña da Volta ao Cole, que se desenvolveu entre o 29 de agosto e o 15 de setembro.
O sorteo tivo lugar en Radio Foz.

Os números agraciados cun vale de 50 euros cada un foron os seguintes: 19105, entregado en Infotec; 13568 en Koqueta Moda; 8823 entregado en Los Dulces de Delphine; 4070 en Alba Vila, centro dietética; 18386 en Veipa; 3172 en 5 Lobiños; 17164 entregado en florería Ana Fabeiro; 4403 en Vas’s Outlet; 14101 en Chuvia; e 10750 en Libraría Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita aos premiados e agradece a confianza depositada no comercio local “para mercar todo o preciso para a volta ao cole do novo curso iniciado hai uns días e tamén para a nova tempada outono-inverno. Mercando en Foz seguimos facendo pobo”.

AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version