Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello: 982592001 ata o 30 de setembro.