Site icon Crónica3.com A Mariña

Abertas as inscricións para un curso de manexo da colmea para a loita contra a Velutina en Mondoñedo

A formación, impartida pola Casa do Mel de Goente, é gratuíta e desenvolverase en horario de mañá os días 23 e 24 de setembro en Mondoñedo

Mondoñedo, 4 de setembro de 2024. A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a Velutina en Mondoñedo. O IES San Rosendo acollerá esta formación o 23 e 24 de setembro en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) que permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiátiva. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661.003.616.

Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicara ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica. O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

A través deste programa, que comezou en xuño, lévanse a cabo formacións en Vilalba, O Valadouro, Xove, Muras, Pantón, Cervo e Mondoñedo para abordar diferentes cuestións de interese para o desenvolvemento desta actividade.

O deputado de Rural Daniel García explicou que “se trata dun programa que ofrece formación en diferentes aspectos de interese para apicultoras e apicultores, desde a mellora do rendemento das producións melíferas ata fórmulas de manexo para protexer as abellas autóctonas da velutina, unhas das problemáticas que máis preocupa ao sector ”.

“É unha proposta que xurde da colaboración e o diálogo coas entidades representativas do sector, que complementa outras actuacións que desenvolvemos nos últimos meses da man da Asociación Galega de Apicultura e que amplía a aposta da área de Rural pola formación e o asesoramento no sector primario”.

Exit mobile version