Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña rexeita as declaracións do xefe de pneumoloxía do HULA

Burela, 18 de setembro de 2024. A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña quere manifestar o seu apoio e respaldo a todos os profesionais de atención primaria e atención hospitalaria e rexeita as declaracións e moi graves acusacións do Xefe de Pneumoloxía do HULA quen amosouse partidario de que os médicos non libren tras realizar unha garda de 24 horas e que non cobren durante os primeiros días de baixa.

Esta Xunta de Persoal vai estar sempre co sistema sanitario público galego, esixindo que se respecte a profesionalidade dos traballadores e traballadoras, que se ofrezan unhas condicións de traballo dignas e a dotación dos recursos necesarios para manter un sistema imprescindíbel para unha sociedade democrática que poida dar servizo de calidade a todas as persoas, sen deixar a ninguén atrás.

Exit mobile version