Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha reunión informativa sobre o programa de axuda á cría de raza rubia galega Marela! este luns en Barreiros

Lugo, 8 de setembro de 2024. A área da Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza este luns -9 de setembro- dúas novas reunións informativas sobre o programa de axudas a gandeirías de Raza Rubia Galega Marela! na escola de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros -ás 12.00 horas-, e na casa da Cultura de Becerreá -ás 19.00 horas-.

O deputado de Rural Daniel García e persoal técnico da área detallarán os obxectivos do programa e os requirimentos e documentación para cumprimentar a solicitude, co fin de facilitar o trámite ás gandeirías potencialmente beneficiarias da convocatoria, que conta cun orzamento total de 200.000 euros.

Daniel García animou “a gandeiras e gandeiros a achegarse a estas reunións informativas, que estamos a realizar en diferentes puntos para dar a coñecer o programa e atender as dúbidas e cuestións que poidan xurdir” e destacou que “no deseño do programa se tratou de simplificar e axilizar o máximo posible tanto o procedemento de solicitude como de pago, para que isto non supoña unha traba para as gandeirías ”

O programa ten como obxectivo a promoción da Raza Rubia Galega, polo que as axudas destínanse ás gandeirías que crían animais desta raza autóctona nacidos na propia granxa. As axudas son de 400 euros por animal, ata un máximo de 6 animais por granxa. O prazo de solicitude das axudas está aberto ata o 23 de setembro.

Exit mobile version