Site icon Crónica3.com A Mariña

A terceira edición da Carreira Popular Alfoz Valadouro terá lugar o sábado, 5 de outubro

Alfoz, 28 de setembro do 2024. Os concellos de Alfoz e Valadouro organizan a terceira edición da Carreira Popular Alfoz Valadouro o vindeiro 5 de outubro coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

O evento, que se celebra de maneira alterna entre os dous concellos veciños, está aberto á participación de persoas de diversas idades, con diferentes percorridos segundo a categoría: a absoluta percorrerá 6,5 quilómetros; infantil e cadete, 1,6 quilómetros; alevín, 1,2 quilómetros; benxamín, 600 metros; e os pícaros, 200 metros. A saída da carreira absoluta será dende diante da piscina municipal de Alfoz, cunha meta situada no entorno do pavillón do Valadouro. Pola súa parte, as categorías inferiores correrán arredor da piscina municipal do Valadouro. Ademais, haberá unha andaina popular como parte da oferta.

Na presentación da carreira estiveron Manolo Cadramón, Xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; José Manuel Lamela, Alcalde do Valadouro; Efigenia Maseda, Alcaldesa de Alfoz; Ana Rubal e Eliseo Lorenzo, Concelleiros de Deportes do Valadouro e Alfoz.

Con esta carreira as catro administracións apostan polo deporte para todas as idades. As inscricións seguirán abertas ata o día 3 de outubro.

Exit mobile version