Cervo, 27 de setembro de 2024. A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario o 5 e o 6 de outubro.
A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Estelamar, que repetirá na verbena a partir das 22:00 horas, co Grupo Puzzle.
Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do Dúo Belinda.
A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.