A motobomba do Concello de Ribadeo sufriu un accidente este mércores na LUP-5207, ao paso por Covelas, no mesmo termo municipal. Pasadas as 15 horas de hoxe, os Bombeiros de Barreiros acudiron para axudar ao condutor, que tiña moitas dificultades para saír do vehículo. Finalmente, conseguiron sacalo sen necesidade de aplicar o equipo de excarceración. Con todo, necesitou asistencia médica e mesmo foi evacuado ao hospital de referencia. Disto ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén contaron co apoio dos axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.
A motobomba do Concello de Ribadeo saíuse da vía en Covelas
A motobomba do Concello de Ribadeo saíuse da vía en Covelas
Relacionado
-
Ribadeo consegue financiamento na Xunta para realizar melloras nas instalacións deportivas
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico actúa no río Grande en Ribadeo