Site icon Crónica3.com A Mariña

A Heroican Race, a carreira de obstáculos máis apaixonante da Mariña, chegará o 29 de setembro a Ribadeo

Ribadeo, 21 de setembro de 2024. Ribadeo prepárase para acoller o 29 de setembro a Heroican Race, a carreira de obstáculos máis apaixonante da Mariña lucense.

O percorrido será duns 7 a 9 quilómetros e os participantes deberán sortear preto de trinta obstáculos. A carreira estará limitada a 12 tandas, que tomarán a saída cada 15 minutos. A primeira sairá ás 10:00 da mañá e a última ás 12:45 horas.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados tanto masculino como feminino das categorías elite e popular competitiva. As tandas open/populares: participarán en sorteos por dorsais de distintos premios, independentemente do posto acadado na carreira.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a achegarse a calquera punto do percorrido a disfrutar desta carreira de obstáculos, que vai traer a moita xente a vindeira fin de semana a Ribadeo. Hai arredor de 350 participantes, que virán acompañados de familiares ou amizades co que iso vai supoñer para a nosa vila”.

E engade: “é a terceira vez que a Heroican Race se celebra en Ribadeo e estamos encantados de acoller aquí esta cita”.

A Heroican Race está organizada polo Grupo BeOne, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version