Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputada de Economía, Facenda e Recadación de Contas, Carmela López Moreno, asistiu este xoves no Teatro Pastor Díaz de Viveiro á sexta edición de Encuentros en el Eo

Nesta cita, promovida polos diarios La Voz de Galicia, La Voz de Asturias, o Banco Sabadell Gallego e Sabadell Herrero, contou coa participación do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e o Presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón Rodríguez. No acto, ao que asistiron numerosas autoridades políticas de ambas comunidades, os presidentes abordaron diferentes cuestións sobre temas de actualidade, ao tempo que reforzaron os lazos entre a comunidade galega e asturiana.

Exit mobile version