Burela, 13 de setembro, 2024. Con motivo de celebración do seu centenario, a Confraría de Pescadoes de Burela presenta a nova actividade ‘Ao son do mar’, que terá lugar o próximo sábado 21 de setembro ás 18H, no auditorio da Casa da Cultura.
A música mariñeira tamén forma parte da nosa cultura marítimo-pesqueira e por iso “celebramos esta actividade, xa que é unha forma de divulgar tamén o patrimonio cultural da nosa Confraría de Pescadores”
Nesta xornada interxeracional dedicada á música mariñeira e da terra, as distintas bandas tradicionais de Burela rememorarán os tempos do mar en que a música servía de distracción para os vellos mariñeiros e repicaba ao son das ondas a través de acordeón.
Nesta ocasión acompañarán as agrupacións musicais tradicionais de Burela: Banda Santo Inocencio, Acordeonistas Da Mariña Burela, Ledicia Scr, Acm Dambara Burela Burela, ACM Arume Burela
Tamén convivirán persoas maiores e mozas, quen se enriquecerán de experiencias e aprendizaxes claves que lles invite a seguir co traballo no sector pesqueiro. Vellos lobos de mar terán o seu espazo para contaren as súas aventuras e experiencias aos rapaces e rapazas máis novos/as, co fin de que as súas aventuras sirvan de referencia para dar continuidade aos traballos que ofrece o sector marítimo-pesqueiro, de forma que as novas xeracións vexan no mar unha oportunidade para desenvolveren a súa profesión, axudando así a facer fronte á problemática do relevo xeracional
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto “Actividades centenario Confraría de Pescadores de Burela”, que conta cunha axuda do Programa #FEMPA da Consellería do Mar, e que foi tramitado no GALP A Mariña-Ortegal na convocatoria 2024.
O proxecto “Actividades centenario Confraría de Pescadores de Burela” pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o relevo xeracional e potenciar a labor social da Confraría de Pescadores de Burela nos seus 100 anos de historia, entre outros obxectivos