Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula Cemit de Barreiros acolle a 1ª convocatoria ComDix iniciación

Barreiros, 6 de setembro de 2024. As actividades do Programa de autoformación e as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) – nivel iniciación, que foron convocadas recentemente pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galica (AMTEGA) poderán levarse a cabo a través da Aula CeMIT de Barreiros.

A superación con éxito da proba de certificación implicará a acreditará dos coñecementos, as habilidades e actitudes dixitais segundo o Marco europeo de competencias dixitais DigComp 2.2 e o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).

A convocatoria divídese en 2 partes:

1ª Actividades do programa de autoformación
Están dispoñibles na plataforma de teleformación (https://formacion-cemit.xunta.gal/)
Non son obrigatorias para presentarse ás probas

2ª Probas de certificación e calendario
25 de outubro ás 10:00 na Aula CeMIT de Barreiros
22 de novembro ás 10:00 ma Aula CeMIT de Barreiros

As inscricións deberán facerse a través da web de CeMIT ata o 18 de setembro (para a proba do 25 de outubro) e ata o 18 de outubro (para a proba do 22 de novembro) ambos inclusive.
Toda a información está dispoñible na web https://cemit.xunta.gal e para a resolución de dúbidas está dispoñible a conta de correo formacion-cemit@xunta.gal

Exit mobile version