Será o 5 de outubro con visita á Casa da Matanza (Casa Museo de Rosalía de Castro) e a Catedral de Santiago (Pórtico da Gloria, Museo catedralicio e cubertas). A viaxe terá un custo de 75€. A saída será na Estación de Autobuses de Ribadeo ás 8,30 da mañá. A hora prevista de chegada será en torno ás 22,00h. O prezo inclúa entradas, guías e xantar. Se algunha pesoa máis quixera inscribirse aínda está a tempo. Quedan prazas libres. Para facelo enviar correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mensaxe de whatsapp ao teléfono 699809606.