O Valadouro, 23 de agosto, 2024. O grupo homorístico Está de volta. De novo a comedia, de novo a reflexión sobre os escenarios. De novo na Casa da Cultura do Valadouro, que tan fermosos momentos lles fixo vivir. De novo na tradicional e popular Semana do Teatro de inicios de setembro.
Os de Trípode están de estrea, mais non estrean zapatos nin chaqueta, senón unha nova representación teatral, “A presa”, unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade.
Será o domingo 1 de setembro, ás 22,00 horas. “Esperamos contar coa túa compañía para rir e pensar xuntos”. “Grazas ao concello do Valadouro por apoiarnos e permitirnos ensaiar, sorrir e representar a nosa nova creación”. “E grazas a Suso Rubio por crear para nós esta marabilla de cartel, que tan ben reflicte o noso sentir”, apuntan desde Trípode