Barreiros, 19 Agosto, 2024. Os feitos sucederon nunha vivenda da Avenida de Casiano Moreno, e as tres persoas trasladadas atopábanse no interior cando ocorreu o incendio, que queimou un aparello para retirar a humidade e encheu a casa de fume.
Minutos antes das 18:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia e explicou que saía fume e lume dunha das ventás dunha vivenda de dous niveis. Naquel momento, un home trataba de apagar o incendio cunha mangueira.
No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, tres persoas tiveron que ser evacuadas en ambulancia ao Hospital de Burela por inhalación de fume.