No ano 1992 O grupo Chévere, bota a andar a Sala NASA (nave de servizos artísticos) converténdose en Compañía Residente. Ao longo de dúas décadas a NASA programa infinidade de espectáculos de teatro, música, cinema, exposicións, teatro alternativo… Serve tamén como espazo experimental de novas creacións artísticas.
Chévere ten unha longuísima traxectoria teatral con máis de unha trintena de espectáculos producidos e representados por todo o Estado e Portugal. tamén ten producido cinema e televisión. No ano 2014 convertése na primeira compañía galega en recibir do Ministerio de Cultura o Premio Nacional de Teatro.
Na “ultratarde” veremos e comentaremos o documental ‘A viaxe dos Chévere’, do director Alfonso Zarauza.
Remataremos co espectáculo teatral ‘As fillas bravas de Momán’, (as fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.)
Máis información en http://www.grupochevere.eu/ https://grupochevere.eu/6-As-Fillas-Bravas-de-Moman
Programa:
18:30h Encontro aberto co público coas actrices e actores da Compañía 19:30h Proxección do documental A viaxe dos chévere
21:00h Espectáculo As fillas bravas de Momán