O alcalde, Dani Vega, dixo que “estamos a falar de 700.000 euros para a residencia hospital asilo. Anunciábao a Xunta de Galicia que hoxe vai ao Consello da Xunta ese convenio excepcional con Ribadeo para garantir a obra da residencia hospital asilo entre a Xunta con eses 700.000 euros e o doutor Moreda cos 800.000 euros, garántenos esa tranquilidade orzamentaria para o hospital asilo”.
O rexedor anunciou que “vamos liberar esa carga dun préstamo ao Concello, dado que o anterior goberno sacou un crédito, nós o que vamos facer é eliminalo con esa xestión dese convenio excepcional. Unha xestión ben realizada, porque garantimos unha obra moi importante para o Concello de Ribadeo, é dicir seguir incrementando prazas para todas as persoas que teñen que vir para as residencias. Non nos chega coa que hai, por iso vamos ter 2 e con iso practicamente teremos 80 prazas”.
Vega cre que “é importante e fundamental seguir investindo no benestar social das persoas. Esta xestión, que é unha das primeiras xestións, porque vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando xa que aínda nos queda moito, é verdade que fixemos unha xestión boa e fundamental para garantir as obras que teñen dezaoito meses de execución, pero agora quédanos outra segunda parte, estamos a falar do equipamento que xa estamos traballando, xa estamos xestionando orzamento e iso é o que deben facer os gobernos serios dedicarse á xestión para que os concellos sigan medrando e neste caso traballar de forma seria, guiándonos por criterios técnicos”.
Para o alcalde ribadense “non hai que despistarse nin facer caso a ese ruído tóxico, nosoutros o que queremos é mellorar a residencia hospital asilo con esa reforma integral, con orzamento entre a filantropía do doutor Moreda e o convenio excepcional da Xunta de Galicia. Polo tanto, seguimos marcándonos un guión que é xestión, traballo e dedicación para que siga crecendo e prosperando Ribadeo”.