Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo rendeulle homenaxe a Víctor Moro, fillo predilecto deste concello, descubrindo unha placa no porto deportivo

Ribadeo, 13 de agosto de 2024. Ribadeo rendeulle hoxe homenaxe a Víctor Moro, fillo predilecto deste concello, descubrindo unha placa no porto deportivo. No acto participaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde ribadense, Dani Vega.

O rexedor declarou que “con este agradecemento, con este recoñecemento do pobo de Ribadeo a Víctor Moro son de salientar varias cuestións: un pobo que lle agradece a unha persoa que traballou e dedicou parte da súa vida ao pobo de Ribadeo en forma de boa xestión, de forma que impulsou moitas propostas, dende logo é de agradecer. Destacar que na posición que tivo no conxunto do territorio, tanto galego como español, como director en banca, como empresario nesa etapa de Pescanova, tamén como político, deputado en Cortes, todo iso traduciuse en que había un amor incondicional por Ribadeo. Traducíase nun bo facer, nun bo traballo e en boas xestións”.

Vega subliñou que “esta placa quere recoñecer a labor de Víctor Moro e tamén é de destacar que a familia sigue colaborando co pobo de Ribadeo. Polo tanto, nos seus actos como persoas, nas súas entregas a Ribadeo, dende esa filantropía seguen colaborando co pobo de Ribadeo e dende logo nosoutros, creo que todos, eu como alcalde, como responsable, tamén lles dou as grazas por esa colaboración estreita, por esa relación coa familia Víctor Moro e vamos seguir avanzando e colaborando para favorecer a Ribadeo. Evidentemente, e iso é o máis importante”.

Real Club Náutico

O alcalde tamén se referiu ao aniversario do Real Club Náutico de Ribadeo: “tamén destacar que hoxe o Real Club Náutico cumpre 50 anos. E tamén hai que destacar que tivo un período importantísimo de crecemento, de mellora, con todo ese espazo dedicado ao mundo deportivo náutico. Creo que Ribadeo enténdese mellor porque é verdade que o Club Náutico soubo facer as cousas coordinadamente, soubo facer as cousas ben e debemos seguir con esa colaboración dende a institución, dende o Concello, colaborando co Real Club Náutico. É que mellor que en dous eventos deste releve participe o presidente da Xunta. Eu doulle as grazas por acudir a Ribadeo, por estar en Ribadeo e por pensar en Ribadeo. Estar, porque xa é a oitava visita que fai, de modo máis persoal, de modo político, de modo vacacional, e creo que hai que darlle as grazas por acudir a Ribadeo, falar de Ribadeo, falar ben e pensar en Ribadeo. Por tanto doulle as grazas ao presidente Rueda por acudir a Ribadeo e por sempre estar na colaboración permanente”.

Vega engadiu: “destacábamos a inversión fai poucos días de 1,8 millóns de euros neste primeiro ano. Creo que a xestión é importante, pero tamén ten que haber unha administración que escoite e que teña un respaldo por parte do presidente, pois xa favorece perfectamente todo. Por tanto ese agradecemento por acudir a Ribadeo, estar en Ribadeo, e sobre todo pensar en Ribadeo”.

Asistiron ao acto desenvolvido en Ribadeo esta tarde os conselleiros do Mar e Medio Rural, Alfonso Villares e Mª José Gómez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que arrouparon coa súa presenza aos catro fillos de Víctor Moro e aos familiares e amigos que se achegaron ao porto deportivo.

Exit mobile version