A actuación de mellora integral, foi cofinanciada pola Xunta de Galicia e supuxo un investimento total de preto de 50.000 euros, que tamén inclúe melloras na biblioteca
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, David Rodríguez, supervisaron o resultado da actuación que supuxo un investimento total de 48.317,42 euros, financiado ao 70% pola Xunta de Galicia, e que inclúe tamén melloras na biblioteca.
En concreto, tal e como explicou a alcaldesa, “aumentouse o espazo expositivo, instalouse un equipo de son ambiental, renovouse a instalación eléctrica e de iluminación –conseguindo un aforro enerxético do 50%- e actuouse en todo o piso e tabiques”, conseguindo crear unha sala completamente nova, idónea para acoller todo tipo de mostras e exposicións “tendo en conta ademais a aposta que facemos sempre desde o Concello por albergar diferentes iniciativas culturais que tamén dinamizan as nosas vilas e axudan a darlle visibilidade ao talento de moita xente; moitos deles e delas, veciños e veciñas nosos”.
Agardamos –pois- engadiu seguir enchendo de vida esta sala que loce agora unha imaxe completamente renovada e que gañou superficie expositiva.