Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Campionato de España de Minivelocidade que se celebrará na Pastoriza

A Pastoriza, 20 de decembro, 2024. O deputado de Mocidade Daniel García participou na presentación do Campionato de España de Minivelocidade, que se celebrará do 23 ao 25 de
agosto no circuíto municipal da Pastoriza. A proba, organizada pola Asociación Motorista Lucense (AML), conta con 45 pilotos inscritos – das categorías Moto5, Mini GP 110 4t, Minimoto 5.5, Minimoto Eléctrica, FIM MiniGP Spain Series 160 – Pilotos Selecc., FIM MiniGP Spain Series 160 – Pilotos NO Selecc., FIM MiniGP Spain Series – 190, FIM MiniGP Spain Series 160 – Wild Card, FIM MiniGP Spain Series 190 – Wild Card -, procedentes de clubs de todo o Estado.

Na presentación do evento, na que participaron representantes do Concello da Pastoriza, da Xunta de Galiza e das Federacións galega e española de automobilismo, Daniel García valorou “a iniciativa da Asociación Motorista Lucense, que trae á Pastoriza unha proba do calendario estatal” e destacou “o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos anos coa organizacion de diferentes probas que dinamizan a provincia e contribúen a ampliar e diversificar as alternativas de ocio e deporte no noso entorno máis inmediato”

Exit mobile version