Un mes despois da realización dos traballos e como se pode ver nas imaxes que se xuntan, as arbores da beirarrúa colindante están murchas, feito que nos preocupa e que pode estar motivado por unha poda fora de tempada e por posibles filtrados de alcatrán.
Por todo o exposto, Por Viveiro roga ao equipo de Goberno a explicación en pleno de se coñecía previamente o procedemento de traballo empregado e de si o devandito procedemento era sostible en termos medioambientais.