Site icon Crónica3.com A Mariña

Poesía e títeres para despedir agosto no Teatro das Cortes en Cabanas, O Vicedo

O Vicedo, 26 de agosto, 2024. O venres 30 e o sábado 31 de agosto o Teatro das cortes ten programado un Recital poético e unha tarde de títeres.

O venres 30 ás 19h serán Marica Campo, Tareixa Campo, Olga Novo, Miguel Anxo Mato Fondo, e Xulio Pardo de Neyra quen poñan voz ao recital que leva por título Encontro Galego pola Memoria e versos para desvivirmos as horas espidas do silencio: Anarquismo, Mátria e Xeometría

O sábado 31 ás 17h comezará unha tarde adicada á Xente Miúda e ao Teatro de títeres.

A Asociación Morreu o Demo trae desta volta a exposición ‘Onde foi Barriga Verde?’
A grande familia do títere europeo. Exposición en paneis sobre a xenealoxía de Barriga Verde e os títeres europeos. Pulchinella, Punch, Guignol, Kasper.

Larraitz Urruzola e Anxo García falarán de todos os representantes internacionais desta familia presentando nunha serie de paneis contextualizándoos e explicando a súa evolución e diferenzas.

Nesta exposición déitase algo de luz sobre as persoas que estiveron detrás do derradeiro expoñente do teatro popular de títeres no noso país, tentando así render homenaxe ao oficio das persoas titiriteiras, a súas itinerancias e as características comúns con outras expresións teatrais na europa.

Despois de visitar a exposición os asistentes poderán participar nun obradoiro de marionetas de papel.

Para rematar a xornada ás 20h haberá o espectáculo : Xan Perillán e a Maleta Máxica da compañía Os Monicreques de Kukas. A entrada será de balde.

Exit mobile version