Nesta ocasión, para simular o desfile de embarcacións, promóvese unha ruta en kaiak bipraza e unha andaina polo paseo fluvial do Río Landro.
Para facerse cunha praza nos kaiaks é preciso inscribirse, está toda a información nas redes sociais. O prezo por persoa socia será de 10€ e as non socias de 15€. A andaina é de balde. A actividade comezará ás 13 horas do día 17 de agosto. A saída dos kaiaks será na rampla do pavillón polideportivo e a da andaina no aparcadoiro da Variante.
Unha vez en Portochao, convídase a tódalas persoas a que se acheguen coa súa comida para participar no xantar popular. A sobremesa será o momento dos xogos tradicionais.
Ademais, coa vista na Feira do Libro, vaise a presentar o libro “Rural e tradición, un fogar en igualdade” que busca visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e no rural galego.
Esta obra foi coordinada por Sergio Marey (Pol 1997) e nela participan personalidades como Mercedes Peón, Atenea García, Gabi Reboredo ou Pedro García Louzao, veciño de Xove e membro desta asociación.
Trátase dunha iniciativa promovida pola Área de Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación de A Coruña dentro do programa “liberdade de ser e sentir” e que se iniciou cunha xornada realizada en xuño de 2023 na cidade da Coruña. Está editado pola Deputación da Coruña.
Faise un chamamento a toda a xente de Viveiro e arredores para participar nun faladoiro xunto a Sergio Marey no Conservatorio de Músico o vindeiro xoves día 8 de agosto ás 19.30h para dialogar sobre as conexións entre o rural, o xénero e a tradición.