A familia foi oriunda da zona, onde estivo vencellada por séculos. Os Vivero foron Señores de Viveiro, e más tarde recompensados como Señores de Galdo que íncluia as parroquias de Cabanas, San Román, San Esteban… Tiveron durante catrocentos anos verdadeiro poder, e apenas se mencionan, o propio Pardo de Cela era un merino ou lugarteniente deles.
A súa pegada na historia universal é notable. No Pazo de Juan de Vivero casáronse en segredo os Reis Católicos. Tamén redactaron os primeiros dereitos humáns, Leyes de Burgos, e o primer texto que se leía ós habitantes de América, o Requerimiento, foi Juan López de Vivero. Son dos primeiros en facer contactos co Xapón, tras o naufraxio de Rodrigo de Vivero veu a Europa unha embaixada famosísima, a Keicho con Hasekura. Exerceron cargos coma o Xefe dos Tercios de Flandes e Gobernador de Milán, caso de Alonso Pérez de Vivero, e seu irmán Gobernador das Azores. Rectores da Escola de Salamanca, entón o centro de pensamento mais importante de Occidente, Gonzalo de Vivero protexeu a Zacuto un cosmógrafo polo que se orientaron na Era dos Descubrimentos, Colón e Vasco da Gama. Os Viveros foron Alcaldes de Cidade de México, Hernán Cortés era bisneto de María de Vivero ou os Moctezuma cruzaron sangue cos Vivero. Ata Lope de Vega basou a obra El Caballero de Olmedo nun Vivero.
Unha familia de tentáculos transoceánicos. A súa influencia chegou ó Novo Mundo, sendo das mais poderosas de México e Perú. Espallaron, o nome ou patronímico de Viveiro, polo planeta. Algúns con aprezadas anécdotas. Persoeiros dos nosos días descenden desta liñaxe, por exemplo o ex presidente Leopoldo Calvo-Sotelo, e das estirpes máis ricas de Inglaterra, Grosvenor, Mountbatten… Contaremos unha historia descoñecida e interesante, sobre a orixe e destino dos Vivero.