“Nestes intres de seis concelleiros do Goberno do PP de Mondoñedo, catro deles están cobrando das arcas municipais, polo tanto pedimos máis dedicación e máis traballo nos servizos públicos da nosa cidade”
Dende o PSdeG de Mondoñedo “non entendemos como contando con dous traballadores municipais na Oficina de Turismo, ademais da concelleira que cobra a fin de mes unha dedicación, esta oficina está pechada máis do 25% dos días de xullo, e nunha época de máis afluencia de turistas á nosa cidade. Nestes intres de seis concelleiros do Goberno do PP de Mondoñedo, catro deles están cobrando das arcas municipais, polo tanto pedimos máis dedicación e máis traballo nos servizos públicos da nosa cidade”, sinalan.
Os socialistas critican que o PP de Mondoñedo gaste recursos públicos por pertencer a redes de promoción turística a nivel estatal “pero sexan incapaces de abrir a oficina de turismo durante o verán. Esto é inconcibible”, advirten.
Demandamos que se adecente o aparcamento da Iglesia Nova
Nesta mesma sesión plenaria demandamos, a través dun rogo, que se acondicione, adecente e mellore o aparcamento da Iglesia Nova, xa que tralas últimas choivas presenta un aspecto moi deteriorado e lamentable. E que se arranxen os baches e se limpen os canalons existentes nesta zona. “Recibimos moitas queixas da situación deste espazo público, e creemos que merece moita máis atención e convertese nun aparcadoiro seguro e limpo”. E por último, que se requira aos propietarios ou as entidades pertinentes, a limpeza das beirarrúas de entrada de Mondoñedo, situadas na Avenida Eladio Lorenzo.