Site icon Crónica3.com A Mariña

Os senadores do PP lucense interésanse polo proxecto do centro de refuxiados en Castro

Os populares esixen coñecer que trámites e requirimentos de documentación realizou o Ministerio á Deputación de Lugo co obxecto de facerse coa titularidade da parcela, ademais de preguntar cales foron os resultados destas xestións

Lugo, 24 de agosto de 2024. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- interésanse na Cámara Alta polo proxecto do Centro de Acollida de Protección Internacional no concello de Castro de Rei, en concreto, na localidade de Castro de Riberas de Lea. Cabe recordar que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións anunciara a súa construción cun investimento de 17 millóns de euros, con cargos a fondos europeos, e implicaba a rehabilitación das instalacións do antigo hospital psiquiátrico San Rafael, propiedade da Deputación de Lugo, e o cambio de titularidade a favor do Ministerio.

Os senadores populares preguntan, polo tanto, ao Goberno se ten renunciado a construír o centro de refuxiados no concello de Castro de Rei, rehabilitando para elo as instalacións do antigo hospital San Rafael.

Os populares esixen coñecer que trámites e requirimentos de documentación realizou o Ministerio á Deputación de Lugo, actual propietario, co obxecto de facerse coa titularidade da parcela, ademais de preguntar cales foron os resultados destas xestións.

Os senadores do PP lucense tamén solicitan información sobre se o Goberno requiriu á Deputación de Lugo que se presentase o proxecto de segregación, necesario para a dividir a parcela, xa que actualmente coexisten varios usos diferentes: gandeiros e sociosanitarios; e, de habelo feito, tamén preguntan con que resultados e en que data tivo coñecemento o Goberno da presentación dese proxecto de segregación.

Por último, preguntan ao Ministerio se ten constancia da tramitación dun plan especial de dotacións para poder facer efectivo ese cambio de usos urbanísticos e, de ser así, en que data e con que resultados.

Exit mobile version