O Valadouro, 13 de agosto, 2024. A Asociación gastronómica Os Cacholeiros do Valadouro, celebrará a súa XXXIII Asamblea Xeral Ordinaria o vindeiro sábado 17 de agosto ás 13h. na “Finca Goleta”na Espiñeira (Foz). Posteriormente, terá lugar o xantar anual habitual propio da xornada asamblearia ás 14:30 h.
Como xa e tradicional nesta asociación, o seu propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da contorna entre os asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos, como veñen facendo dende a súa fundación, aló polo ano 1992.