Así, de inmediato, os xestores de emerxencias nada mais recibir o sinal de alerta avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil de Tráfico.
Pese a sospeita dun particular que tamén chamou ao 112 para informar deste accidente cunha muller atrapada, os profesionais sanitarios, tras chegar ao punto confirmaron a necesidade de excarcerar. Engadían ademais que dúas ambulancias xa se atopaban no lugar.
Os Bombeiros tras rematar a súa intervención indicaron que se tratou dun accidente con dous vehículos implicados, nun deles viaxaba a muller ferida –única ocupante- e que tiveron que excarcerar. No outro vehículo ninguén resultou ferido.
Unha vez liberada, a muller foi evacuada polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.