Site icon Crónica3.com A Mariña

Ortigueira reforza o potencial do seu centro de saúde coa adquisición de equipamento de diagnose e padiolas

Engadiuse un ecógrafo ultraportátil, un novo programa de software MESI, un bisturí eléctrico, un gasómetro, un medidor de glicosa e 13 padiolas para diferentes servizos

Ortigueira, 9 de agosto de 2024. O centro de saúde de Ortigueira reforza o seu equipamento técnico e de diagnose para mellorar o seu potencial médico. Faio grazas a unha achega da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria a través dun investimento que permitirá aos e as profesionais do centro ofrecer un mellor servizo sanitario aos orteganos e orteganas.

Concretamente, o centro adquiriu un ecógrafo ultraportátil, un MESI (un software que mellora as posibilidades de diagnóstico e amplía o potencial do exame a nivel da atención primaria), un bisturí eléctrico, un gasómetro, un medidor de glicosa e 13 padiolas (8 hidráulicas para consultas, 2 para fisioterapia, e unha para obstetricia, transporte para o centro e outra para transporte para o PAC).

Este novo material loxístico permitirá ao centro de saúde renovar parte do seu equipamento técnico, á vez que mellorar a capacidade diagnóstica, o que redunda nun mellor servizo para os usuarios e usuarias.

Este equipo renovado súmase á recente inauguración da Sala de Raios X Dixitais para o servizo de Radioloxía da área sanitaria. O goberno local logrou o pasado verán o compromiso deste investimento de máis de 150.000 euros, que xa é unha realidade e mellora tanto a capacidade diagnóstica como a prevención de patoloxías nos e as pacientes de Ortigueira, que xa poden realizarse probas radiolóxicas sen saír do municipio.

A concelleira de Saúde, Ana Cartelle, agradeceu á Xunta de Galicia e á directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, “su compromiso con Ortigueira y con la mejora de los servicios sanitarios que se ofertan en nuestro municipio”. Subrayó que “esta compra, sumada a la inauguración de la nueva Sala de Rayos X, hace que nuestro centro de salud dé un salto de calidad a nivel de servicios ofertados a la ciudadanía”.

Exit mobile version