Este colectivo veciñal ven de presentar unha solicitude formal no Concello onde lle lembra que a Lei de Bases de Réxime Local recolle a obriga das Administracións locais de conservar e manter tódalas infraestruturas da súa titularidade
“Cremos que o equipo de Goberno municipal debería dar exemplo e tería que cumprir co seu deber legal de conservar e manter os camiños e vías rurais da súa competencia de igual xeito e coa mesma dilixencia que cominan aos propietarios de fincas a mantelas limpas de vexetación”.
“Trátase de camiños que vertebran o nosos termo municipal e que aínda que están fora do casco urbano son usados acotío, pero desgraciadamente a súa prolongada falta de mantemento, xunto coas choivas ocasiona que os propietarios das fincas colidantes non poidan acceder ás súas propiedades, nin tampouco poidan usarse polo resto de veciños para transitar por estas vías por puro lecer e desfrute de practicar calquera tipo de actividade relacionada co aire libre”.