Site icon Crónica3.com A Mariña

O Servizo de Publicacións colabora coa publicación do libro “Ribadeo Antiguo”, de Francisco Lanza

Lugo, 29 de agosto de 2024. O Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación colabora coa publicación do libro “Ribadeo Antiguo”, de Francisco Lanza. O deputado de Mocidade Daniel García participou, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo, na presentación da reedición deste proxecto editorial impulsado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Lar Libros. García explicou que se trata dun volume que reproduce a publicación orixinal, de 1933, mantendo a tipografía e as ilustracións de Amando Suárez Couto. Unha xoia editorial e historiográfica, pero tamén histórica, científica e cultural
porque nos ofrece a posibilidade de reencontrarnos cunha figura fundamental na creación de coñecemento e cultura como Francisco Lanza”.

Exit mobile version