No día de hoxe estanse a executar os traballos para a súa colocación e, probablemente, nos vindeiros días esta infraestrutura xa poda estar activa para todos os usuarios
“Esta xestión foi feita polo PP de Foz e agradecemos a Portos de Galicia a súa axilidade para que este novo equipamento sexa unha realidade e o cal presenta un sistema moito máis adaptado e seguro para este tipo de embarcacións” sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Esta nova infraestrutura era unha demanda do Club Kayak de Foz, unha entidade que merece todo o recoñecemento e apoio polo magnífico traballo que realizan na organización de eventos deportivos e na formación de piraguistas e, ademais, segundo os populares, “o kayak é un referente no deporte focense e é bo para todos que se vaian mellorando os equipamentos”.