O feito de que os últimos accidentes tiveran lugar fóra do tramo balizado indica que o perigo por néboa é maior e que as medidas de seguridade actuais son insuficientes para a seguridade dos condutores
Afondando nesta idea desde o PP sinalan que o feito de que o Goberno alegue que os últimos accidentes acontecidos tiveron lugar fóra do tramo balizado -isto é, fóra do tramo no que están instaladas as balizas que avisan aos usuarios da proximidade de vehículos para manter a distancia- demostra que as zonas de intensa néboa superan o tramo balizado e, polo tanto, que agora a zona de perigo é moito maior. Por iso, desde o PP conclúen que as medidas instaladas na actualidade son manifestamente insuficientes para garantir a seguridade.
Para o PP tampouco supón un gran alivio o feito de que se reducise de xeito significativo o número de horas de peche da autovía pois sinalan que como demostra os últimos accidentes rexistrados -que segundo a Dirección Xeral de Tráfico afectou a seis e tres vehículos, con feridos graves e leves- o perigo por circular por ese tramo da A-8 persiste, sen que o Goberno faga nada”
Sobre todas estas cuestións terá que responder o Goberno no Senado a instancias dos parlamentarios lucenses, José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano.