Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Vilalba pon en valor os case 750.000€ que concedeu a Xunta en tres subvencións

Os populares explican que cos 410.000€ concedidos para o obradoiro de emprego, compartido con Abadín, o Concello de Vilalba poderá proceder á organización e dixitalización do arquivo municipal e ao mantemento e mellora das zonas verdes

Vilalba, 23 de agosto de 2024. Os concelleiros do PP de Vilalba destacan os case 750.000€ que a Xunta de Galicia destina ao Concello de Vilalba dentro de 3 subvencións.

A primeira das axudas concedidas é para o obradoiro de emprego, compartido con Abadín, e que ten un importe de 410.000€. A través desta axuda desenvolveranse dúas actuacións.

A primeira, a organización e dixitalización do arquivo municipal de Vilalba mentres que a segunda será o mantemento e mellora dos xardíns e zonas verdes. Ademais destinaranse outros 30.000€ en incentivos para fomentar a contratación.

A segunda das subvencións concedidas é unha axuda de máis de 193.000€, con cargo ao fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia. Con esta axuda o Concello de Vilalba contratará persoal para o acondicionamento da área recreativa da Madalena, ademais de adquirir a maquinaria necesaria para realizar estes traballos.

A terceira das axudas é para o arranxo de camiños e pistas rurais nas parroquias de Alba, Belesar, Román e Rioaveso, con cargo ao plan de camiños da Xunta de Galicia e ten un importe de máis de 110.000€.

Exit mobile version