O exemplo claro é o novo rueiro municipal dixitalizado que costou case 15.000 euros e que non entrou en vigor
Foz, 22 de agosto de 2024. O Partido Popular de Foz denuncia que Cajoto “tira” os cartos en estudos que logo mete no caixón. O exemplo claro é o novo rueiro municipal dixitalizado que costou case 15.000 euros e que non entrou en vigor.
“Preguntámonos que pasa co rueiro municipal dixitalizado que anuncio o señor alcalde que tiña contratado. Sabemos que está feito o gasto porque se fixo un contrato menor cunha enxeñería privada para que o elaborara, sabemos que a empresa entregou o documento pero o equipo de goberno non o leva ao pleno, está paralizado e non se lle expón aos veciños. En definitiva, cremos que é unha forma de tirar os cartos porque se contratas algo e non o rematas, non o levas ata a publicación definitiva é como se non existira. Esta é a forma de traballar do señor Cajoto e so el sabe porque pagou algo que agora non usa”, explica o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Entre o novo rueiro frustrado, a situación da Residencia de Maiores, o fracasado plan de mobilidade, o parón de obras e a falta de investimentos e mantemento, o bipartito de PSOE e BNG ten o concello patas arriba.