Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS empeza a pretemporada con tres incorporacións

Carolina Pedreira e Débora Lavrador do Ence Marín Futsal, xunto a Dinha, provinte do Santa Luzia FC- PT, son as tres fichaxes deste verán para o club mariñano

Burela, 9 de agosto, 2024. Carolina Pedreira, Débora Lavrador e Dinha son as tres fichaxes deste verán para reforzar a unha plantilla xa definido e consolidada da pasada tempada e da que se renovaron a 10 xogadoras. As tres xogadoras serán parte fundamental para completar o conxunto para esta tempada 24/25 na que o mellor equipo do mundo volverá tentar lograr todos os títulos posibles.

Carolina Assis Olim Mendoça Pedreira, Carolina Pedreira, de 22 anos e nada en Cascais (Portugal), provén do Ence Marín Futsal, onde xogou durante a tempada 23/24. Carolina comeza a xogar ao fútbol sala aos 3 anos en Quinta dos Lombos (2005-2016/2027) pasando a xogar no Sporting Club de Portugal ata o final da tempada 2022/2023 que ingresa no conxunto galego. Contenta co seu novo destino, “É o mellor equipo do mundo, creo que calquera xogadora soña xogar nun equipo así, onde pode aprender moito e gañar títulos.” Sobre o que espera aprender e achegar ao equipo, “Espero poder ser unha máis a axudar o equipo para gañar, tentar achegar coas miñas cualidades, a visión de xogo, o pase e o un para un. Espero levar como aprendizaxe todo o que o adestrador me diga e todo o que poda aprender con cada xogadora.” Os seus obxectivos para esta próxima tempada, “os meus obxectivos son medrar como xogadora e poder axudar ao equipo, adestrar coas mellores seguramente me fará mellor xogadora. Teño moitas ganas de poder ser unha xogadora importante na plantilla, pero aprender é o meu principal obxectivo pois aínda son moi nova e teño moito que mellorar.” Para a afección, “Espero vervos pronto e sentir o que é a afección Laranxa, teño moitas ganas de empezar e facervos celebrar moito!”

Débora Marisa Fernandes Lavrador, Débora Lavrador, de 28 anos e nada en Lisboa, tamén proviniente do Ence Marín Futsal no que xogou durante a tempada 2023/2024, comeza a dar os seus primeiros pasos no futsal no 2004/2005 no Leões Porto Salvo no que se forma ata a tempada 2014/2015. Na 2015/2016 ficha polo Benfica no que xogará durante dúas tempadas ata ingresar no Sporting Club de Portugal onde xoga ata o 2022/2023 cunha paréntese na tempada 2020/2021 na que formará parte da plantilla do Ameiros. Falamos con Débora sobre o que a fixo vir ao Pescados Rubén Burela FS “é o mellor equipo do mundo. E ter a sorte de poder xogar coas mellores xogadoras é incrible.” Sobre o que espera aportar e levarse como aprendizaxe, “Serei simplemente unha persoa máis para axudar ao equipo en todo o que poda, para que poidamos conseguir todos os nosos obxetivos. Estoy segura de que aprenderéi moito de todos e serei unha mellora xogadora. No que depende de min, sempre farei o mellor que poda.” Sobre os seus obxetivos no equipo para esta tempada, “Os meus obxetivos para esta tempada son, sobre todo, aprender e ser mellor xogadora, traballando sempre duro. Axudando ao equipo, xa sexa con goles, asistencias ou recortes. E como dixe antes, lograr os nosos obxetivos, que implica gañar todas as competicións nas que participemos.” e de cara á afección “Que sigan apoiándonos coma sempre o fixeron. Que necesitamos que nos axuden. Que sempre que xoguemos na casa, incluso cuando xogamos fóra, necesitamos todo o apoio que poidamos conseguir para que xuntos poidamos gañar.”

Claudiane da Silva Paulino, Dinha, de 28 anos e nada en Santa Rita-PB (Brasil), chegará proximamente para debutar en España. Comeza a xogar ao fútbol sala no Unifor-CE na tempada 2015/2016, durante 5 anos ata a 2020/2021 que xogará no São José Futsal Feminino-SP. Na seguinte, 2021/2022 ficha polo Santa Luzia FC-PT do que provén. O á brasileira chegará a Burela nos próximos días con ganas de vivir a súa primeira experiencia en España e fóra do seu país de orixe, “Sempre soñei con xogar no Burela, considéroo un dos mellores equipos de futsal feminino.” Sobre o que espera levar e achegar ao equipo, “Espero contribuír desempeñando a miña función dentro da plantilla da mellor forma posible e axudando ao equipo para conseguir os obxectivos. Achegar coñecementos tácticos e mellorar a calidade de xogo tanto individual como colectivo.” Sobre os seus obxectivos para esta próxima tempada, “Conquistar todos os obxectivos trazados e buscar sempre o mellor para o equipo.” Cara á afección, “Tentarei sempre ofrecer a miña mellor versión en cada partido e sei que conto co voso apoio. Imos xuntos!”

Exit mobile version