Site icon Crónica3.com A Mariña

O músico Leopoldo Erice presentou o seu disco en Ribadeo

Ribadeo, 12 de agosto de 2024. O Salón dos Alcaldes acolleu a presentación do disco de Leopoldo Erice Beethoven. The Last Sonatas. No acto estivo acompañado polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.

Leopoldo Erice, que deu o seu primeiro concerto como pianista en Ribadeo na igrexa da Terceira Orde, presentou onte o seu primeiro CD no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello. O CD contén as tres últimas sonatas de Beethoven, que coas imaxes e textos que as acompañan encaixan marabillosamente con Ribadeo.

Erice participou no 2001 no Festival de Música Clásica de Ribadeo. Foi o organizador do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo desde o 2006.

Acompañaron tamén ao intérprete na mesa Balbino Pérez Vacas, Toni Deaño e Carlos Álvarez Lebredo, que destacaron diferentes facetas persoais e profesionais do músico, así coma un representante do selo discográfico Obradek.

Exit mobile version