Site icon Crónica3.com A Mariña

O I Torneo Social de parchís por parellas de Burela será o 31 de agosto

O prazo de inscrición no torneo comeza mañá, venres 9 de agosto, de 9:00 a 14:00 na Casa do Concello, e rematará o 14 de agosto

Burela, 8 de agosto de 2024. O Concello de Burela organiza o que será o seu I Torneo Social de parchís por parellas. Celebrarase o día 31 de agosto na praza do Concello a partir das 10:00.

A partir de mañá, venres 9 de agosto, as persoas interesadas poderanse inscribir na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00, e o prazo rematará o día 14 de agosto.

Como máximo poderán participar un total de 16 parellas, que serán seleccionadas por orde de inscrición. As dúas parellas finalistas gañarán un trofeo doado pola asociación Saúde Mental A Mariña.

“O noso obxectivo principal é fomentar a convivencia e o entretemento entre veciñas e veciños, así como promocionar os xogos tradicionais como o parchís”, sinala a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Sandra Fernández.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, destaca que “o parchís é un xogo de mesa que leva décadas unindo xeracións e representando unha cultura lúdica”.

“Con este torneo buscamos fomentar o respecto mutuo e o fortalecemento de lazos comunitarios, polo que convidamos a todos e todas a participar e desfrutar deste encontro”, engade Gómez.

Exit mobile version