Ribadeo, 12 de agosto de 2024. O equipo de goberno xestionou 1,8 millóns de euros de investimento da Xunta de Galicia en Ribadeo nun ano.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “facendo un balance deste ano, o que queremos destacar é que foi un período de traballo, de xestión para investir no noso pobo. Nestes momentos podemos dicir que a Xunta de Galicia investiu en Ribadeo 1,8 millóns de euros. Iso é grazas a unha xestión, grazas a un traballo que desde logo todo o goberno e todo o Concello está conseguindo todos os días”.
O rexedor sinalou que “nosoutros empezabamos este mandato dicindo con claridade que o importante é esa colaboración entre as administracións. Nosoutros témonos que entender coa Deputación, coa Xunta, co Goberno do Estado. Nosoutros non miramos a ideoloxía, senón que o que entendemos é que as administracións teñen a obriga de investir neste caso en Ribadeo. E esa é a miña obriga e a obriga de todo o Concello”.
Vega explicou onde se está a traballar: “por exemplo, na residencia hospital asilo con ese convenio que se firmou fai poucos días de 700.000 euros, ou no centro de día 67.000 euros, ou 80.000 euros para a Escola de Música para renovar as ventás e instalar un ascensor, ou na recuperación dos areais, tamén dos espazos verdes como é O Cargadeiro 70.000 euros, ou en todo o traballo que estamos a facer nos espazos verdes neses puntos importantes en Ribadeo, como pode ser Santa Cruz, cunha colaboración de Seaga da Xunta de Galicia de 20.000 euros, ou nese traballo que estamos a facendo no Plan Avanza Rural, onde estamos investindo, e imos empezar o luns, 19 de agosto, con 315.000 euros en camiños de aglomerado. Tamén na recuperación das fontes que levaban moito tempo abandonadas e querémoslle chamar a ese proxecto Fontes Vivas cunha colaboración económica de 20.000 euros ou 50.000 euros nos arranxos dos camiños que levan anos abandonados e tíñamos que limpalos porque había unha demanda por parte dos veciños”.
Para o alcalde ribadense “son cantidades moi importantes, ou se falamos de todas as actividades de Benestar Social como as de Preto de Ti, cun convenio de 50.000 euros, ou nas actividades que estamos vendo nas parroquias ou na vila, 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia, concretamente de Familia, da Dirección Xeral de Xuventude”.
Dani Vega subliñou que “iso é xestionar, iso é traballar, e iso é mellorar o pobo que queremos. Nestes momentos tamén vamos empezar a recuperación do Parque de San Miguel cunha partida orzamentaria de 40.000 euros. Son moitas cifras, suman todas 1,8 millóns de euros, e polo tanto estamos a falar dunha xestión, dun traballo que se vai concretando no día a día, porque se ve nas actividades, vense as obras, é dicir hai un traballo detrás. E aquí non estamos contabilizando a gran obra que se está facendo nestes momentos, que é o dragado de ría, que son 2 millóns de euros. Todo isto é un traballo, é a nosa obriga, é facémolo porque o que queremos é que Ribadeo avance”.