A cantidade de coches indebidamente estacionados fixo imposible que se desbrozara a zona prevista, polo que isto se fará o luns 2 de setembro
Viveiro, 30 de agosto de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro roga á veciñanza que respecte os sinais temporais de prohibición de aparcar no barrio de Ponte Labrada, onde foi imposible realizar os labores de desbroce previstos.
Despois de tres intentos de realizar o desbroce, este terá lugar o vindeiro luns, día 2 de setembro, para o que se colocará de novo a sinalización pertinente.
Dende a Tenencia de Alcaldía lembran que para poder levar a cabo os desbroces, tan demandados pola veciñanza do barrio, é necesaria a colaboración de toda a ciudadanía. Sen esta colaboración, resulta imposible realizalos.
Tenencia de Alcaldía insiste na importancia do respecto aos sinais a pesar de que non haxa agora mesmo efectivos en activo na policía local, posto que segue sendo igual de necesario seguir a normativa vixente, cuxa infracción implica as correspondentes sancións.