Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ortigueira licita por 113.800 euros a renovación do camiño de Salgueirón ao Burgo

O obxectivo desta obra é mellorar o firme, a drenaxe e a sinalización dunha vía que dá acceso a moitas parcelas de uso agropecuario

Ortigueira, 22 de agosto de 2024. O Concello de Ortigueira sacou a licitación a renovación do camiño que une os núcleos de Salgueirón e O Burgo por un importe de 113.800 euros. O obxectivo é mellorar o firme, a drenaxe e a sinalización dunha vía que dá acceso a moitas parcelas de uso agropecuario.

A actuación, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), dará un lavado para un camiño que se atopa deteriorado debido ao paso de vehículos pesados que se usan para varias explotacións agropecuarias da zona (aí están radicadas varias granxas de vacún) e para a extracción de recursos forestais.

Desta forma, contémplase facer unha limpeza de cunetas e un reasfaltado cunha tripla rega, así como unha actuación de mellora da seguridade e unha roza das cunetas, xestionando ademais os residuos xerados por esta limpeza.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, subliña que “no podemos olvidar que Ortigueira es un concello eminentemente rural y, para muchos de nuestros vecinos y vecinas, es fundamental que los caminos y vías estén en un buen estado para que puedan acceder tanto a sus viviendas como a sus parcelas”.

Referíndose concretamente a esta actuación, Calvín destaca que “supondrá una mejora sustancial para los usuarios y usuarias de este camino, que cuenta en su trazado con varias explotaciones agroganaderas que aportan valor al tejido productivo de Ortigueira y que merecen tener unos accesos en condiciones, algo que lograremos después de esta reparación”.

Exit mobile version