Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ortigueira e a Xunta reparan baños e cociña da residencia de anciáns Dolores Díaz Dávila

Suporá un investimento de máis de 41.000 euros e poñerá fin aos problemas das actuais instalacións, desgastadas polo paso do tempo

Ortigueira, 30 de agosto de 2024. O Concello de Ortigueira, grazas a un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, renovará varios baños, habitacións e á cociña da residencia de anciáns Dolores Díaz Dávila.

A actuación, que supoñerá un investimento que supera os 41.000 euros, xa saíu a licitación e contempla a reparación de varios aseos das habitacións da primeira planta, incluíndo a pintura de paredes e teito das mesmas; e a substitución de dúas xanelas da cuberta da cociña.

O motivo desta intervención son as filtracións de auga nos devanditos baños, o que provoca a aparición de danos no falso teito. Ademais, os azulexos das duchas non contan con impermeabilización, polo que a humidade fíltrase polo tabique e provoca danos na zona do corredor.

As habitacións serán pintadas debido ao paso do tempo e o uso. En canto á cociña, cambiaranse as dúas xanelas tipo “Velux” do tellado por outras novas, pois as actuais, debido ao desgaste, filtran auga da choiva e provocan pingueiras no interior.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, indica que, con esta obra, “cumplimos una promesa más, pues nos comprometimos a mejorar el estado de la residencia de ancianos y ahora, gracias a este convenio con el Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, los usuarios y usuarias de este centro dejarán de padecer los problemas derivados del uso de las instalaciones”.

Calvín engade que “nuestro compromiso con la calidad de vida de las personas mayores es inquebrantable, y se demuestra con hechos. A estas mejoras podemos añadir otras medidas adoptadas por el gobierno local como la creación del SEETA (Servicio Específico de Estimulación Terapéutica del Alzheimer y otras Demencias), una iniciativa pionera y con mucha demanda que mejora el día a día de mayores con demencia en nuestro municipio”.

Exit mobile version