A alcaldesa María Loureiro visitou á cativada na festa de despedida do campamento, que contou con inchables, xogos e unha entrega de diplomas
Viveiro, 30 de agosto de 2024. O campamento urbano do Concello de Viveiro despídese ata o ano que vén cunha gran festa de fin de campamento.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, visitou á cativada participante na festa de despedida, que contou con inchables, xogos e una entrega de diplomas entre outras actividades.
“O Campamento Urbano, organizado todos os anos polo Concello de Viveiro, serve non só para facer que os nenos e nenas pasén un verán marabilloso no seu municipio, senón tamén para favorecer a conciliación familiar e a convivencia”, sinala a rexedora.
“Dende o Concello seguiremos apoiando sempre este tipo de iniciativas tan necesarias, que serven tamén para promover o deporte, a expresión artística e outros valores fundamentais”, engade Loureiro.
O campamento contou coa participación dun total de 140 nenas e nenos ao longo dos meses de xullo e agosto, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Pudieron desfrutar dunha alternativa de ocio saudable e asequible no pavillón do CEP Lois Tobío.