A concentración tivo lugar este domingo 25 diante do consultorio de Castro de Rei
O consultorio de Castro de Rei leva todo o verán pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica “a veciñanza das parroquias afectadas xa estan cansas de que o PP os ningunee, o servizo médico precisase durante todo o ano” declara Olga García
No último pleno o BNG de Castro de Rei presentou unha moción para instar ao Sr. Alcalde a que se posicionara de lado da veciñanza e esixise á Xunta de Galicia a apertura deste centro, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas “ o grupo municipal do PP votou en contra desta moción, esta claro de parte de quen esta o Sr. Balado e a súa equipa” informa a concelleira nacionalista
A concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada pois impede o seu acceso á sanidade pública e afonda nunha maior desigualdade da poboación de concellos rurais” e incidiu “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”