O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, pide a posta en servizo inmediata do único ascensor do centro de saúde de Mondoñedo tras máis de dous meses fora de servizo e ante o abandono e a falta de axilidade do SERGAS co arranxo da máquina avariada denuncia as incomodidades na atención das consultas médicas diarias que xera esta situación
Eloi Cabanas apunta que o edificio ten tres plantas e só conta co ascensor que agora está fora de servizo, afectando ao redor dunhas 300 persoas que son atendidas diariamente neste centro xa que, ademais das tres consultas de medicina xeral situados nos andares superiores do centro tamén están as consultas de pediatría, enfermería e fisioterapia.
CENTRO DE FISIOTERAPIA NA TERCEIRA PLANTA
O problema que denuncian os nacionalistas aínda se agrava máis no caso do servizo de fisioterapia que se encontra situado no terceiro andar do centro de saúde, onde se dan casos de pacientes recentemente operados e con próteses que teñen que acceder polas escaleiras para poder realizar os seus exercicios de rehabilitación.
“É un escándalo que o Partido Popular a través da consellería de sanidade manteña esta situación ao longo do tempo, sabemos de casos de doentes que non están sido chamados a recibir o seu tratamento de rehabilitación pola imposibilidade de acceder á instalacións do edificio”, conclúe.