Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Castro de Rei insta ao PP a reparar as deficiencias que presenta a piscina municipal

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei, “denunciamos o desleixo do alcalde do PP cara ás instalacións do concello”

Castro de Rei, 2 de agosto de 2024. O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei realizou unha visita ás instalacións da piscina municipal, onde puido comprobar o estado na que se atopan estas instalacións, despois desta visita o BNG de Castro de Rei a través da súa concelleira presentou unhas preguntas no pleno sobre as deficiencias atopadas nesta visita.

A concelleira nacionalista incidiu na falta de herba do perímetro acuático, que presenta moitas calvas o que implica que a terra desas calvas acaba dentro da piscina. O exterior do recinto da piscina tamén se atopa en mal estado, “podemos atopar un cartel que de tan desfeito que esta xa non se le e da unha primeira imaxe das instalacións de total abandono” denuncia a concelleira

Na resposta que o Sr. Alcalde deu a concelleira quitoulle ferro a todas estas deficiencias deixando asi patente que non sabe como están as instalacións da piscina o cal deixa ver a falta de coñecemento e o desleixo deste alcaldía polo concello.

Exit mobile version