Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bispo da Diocese Tui-Vigo, Monseñor Antonio Valín Valdés, será recibido este domingo no Concello de Ribadeo

Ribadeo, 24 de agosto de 2024. O Pazo de Ibáñez acollerá mañá, domingo, a recepción oficial que o Concello de Ribadeo lle ofrecerá ao Bispo da Diocese Tui-Vigo, Monseñor Antonio Valín Valdés.

Será ás 11:00 da mañá, unha hora antes de que o ribadense, recentemente nomeado Bispo, oficie a misa das doce do mediodía na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

Foi o Papa Francisco quen nomeou a Antonio Valín Valdés, vicario xeral da Diocese Mondoñedo-Ferrol, como novo Bispo de Tui-Vigo o pasado 25 de maio. A ordenación e toma de posesión tivo lugar o 20 de xullo na Catedral de Tui, ata onde se desprazaron familiares, amizades, así como unha representación da Corporación Municipal de Ribadeo.

Exit mobile version