A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a Antiga Nave de Fundición, onde está situado o seu taller, para compartir un anaco co forxador e co seu alumnado, un grupo de dez persoas que está aproveitando ao máximo a oportunidade e a experiencia, que está subvencionada e apoiada parcialmente polo Concello de Cervo “como unha aposta por promover a supervivencia e tamén contribuír a darlle visibilidade a un oficio tradicional como a forxa, da man dun mestre de luxo. Todo un privilexio! E un pracer poder colaborar nestas iniciativas que unen formación e conservación do patrimonio cultural”.